Desde 180 € por persona
Desde
180€ / por persona

Elixe Galicia, programa da Xunta de Galicia - Vacacións nas Rías Baixas


La oferta incluye:

Programa subvencionado pola Xunta de Galicia, destinado a maiores de 55 anos, mozas/os menores de 30 anos ou familias con fillos menores de idade.

Transporte en autocar dende Santiago de Compostela, Coruña, Ferrol, Lugo ou Ourense (consulta outros programas dende outras cidades). Saídas en Xuño, Setembro e Outubro.

4 noites de aloxamento en réxime de pensión completa.

Guía acompañante.

Xantar en restaurante.

Visitas: Cata en adega das Rías Baixas, Castro de Santa Trega, Entrada a Casa-Museo Ramón de Valle-Inclán.

Itinerario:

DÍA 1. CIDADE ORIXE - RÍAS BAIXAS - O GROVE - A TOXA

Saída á hora indicada dirección ás Rías Baixas. Breves paradas en ruta. Chegada ao hotel para o xantar. Pola tarde faremos visita do Grove e da Toxa. O Grove é coñecido como “a capital do marisco”. Aquí coñeceremos o Museo da Salgadura. Finalizaremos a tarde na Toxa onde destaca a capela das Cunchas e o parque dos grobits. Regreso ao hotel. Cea e aloxamento.

DÍA 2. RUTA “DA PEDRA E DA AUGA” - MOSTEIRO DA ARMENTEIRA - PONTEVEDRA - COMBARRO

Almorzo. Pola mañá faremos un tramo da “Ruta da Pedra e da Auga”. A ruta transcorre á beira do río Armenteira polos municipios de Ribadumia e Meis, no corazón do Salnés, unha bela e turística comarca próxima á ría de Arousa, con magníficas praias na franxa litoral e fermosas estampas vitivinícolas no interior. O sendeiro coincide cun vello camiño que a poboación local percorría cada luns de Pascua para subir ata o mosteiro da Armenteira, que visitaremos. Xantar no hotel. Pola tarde saída cara a Pontevedra, gozaremos dun paseo pola súa coidada zona vella, visitando a igrexa da Virxe Peregrina e a poucos metros desta, a Praza da Ferrería e igrexa-convento de San Francisco, desde aquí poderemos coñecer os distintos edificios do museo e as fermosas e acolledoras prazas da Leña e da Verdura. Destacan tamén as ruínas de Santo Domingo e a basílica de Santa María. Finalizaremos o día en Combarro, onde destacan os hórreos sobre a ría. Regreso ao hotel. Cea e aloxamento.

DÍA 3. VILANOVA - TARDE LIBRE

Xantar e saída. Coñeceremos Vilanova de Arousa, localidade mariñeira que conta con un bonito paseo marítimo no que se asenta a súa estación marítima, creada coa intención de fomentar as rutas marítimas entre as rías e que configura un espazo sereno situado fronte ao mar, orientado ao poñente. Despois de coñecer a fachada marítima e a súa contorna, percorreremos o seu centro histórico ata chegar a Casa-Museo Ramón de Valle-Inclán (entrada incluída), instalado na “Casa do Cuadrante”, que foi propiedade dos avós maternos de Valle-Inclán. Nela recóllense primeiras edicións e exemplares de interese das súas obras, así como fondos documentais que vinculan ao ilustre escritor co municipio de Vilanova de Arousa. Finalizaremos a mañá coñecendo o Pazo Vista Real, que conta cunha impresionante zona verde, viñedo, área de recreo e xardíns de Camelias. Xantar no hotel. Tarde libre. Cea e aloxamento

DÍA 4. TUI - SANTA TREGA - BAIONA

Almorzo. Pola mañá coñeceremos o conxunto monumental de Tui, unha das vilas máis antigas de Galicia, con estrutura medieval e rúas estreitas, declarada conxunto histórico e artístico e sede episcopal. Aquí visitaremos a catedral, unha auténtica xoia arquitectónica. Xantar en restaurante. Pola tarde coñeceremos o castro de Santa Trega, poboado amurallado que conta cun importante xacemento arqueolóxico, onde gozaremos das impresionantes vistas da desembocadura do río Miño facendo fronteira con Portugal. Finalizaremos o día en Baiona, onde se atopa a fortaleza de Monterreal e o seu bonito centro histórico. Cea e aloxamento.

DÍA 5. CAMBADOS - CIDADE DE ORIXE

Almorzo. Pola mañá coñeceremos a localidade de Cambados, Cidade Europea do Viño en 2017, onde percorreremos as súas rúas, consideradas un auténtico museo ao aire libre ao ser un dos conxuntos históricos mellor conservados de Galicia. Destacan a Praza de Fefiñáns, e as ruínas de Santa Mariña Dozo e o Muíño de Mareas da Seca. Finalizaremos a mañá coñecendo unha adega, con degustación. Xantar no hotel.


Cancelación. A cancelación ou modificación das reservas non terán gastos de xestión ata 11 días antes da saída da viaxe. A partir dese momento a penalización a aplicar será a seguinte:

10 días antes da saída: 5% do importe total da viaxe. 2 días antes da saída: 10% do importe total da viaxe. 1 día antes da saída: 25% do importe total da viaxe. A non presentación na saída (no show) xenera un 100% de gastos. (Os importes aplican ó PVP total da praza correspondente a tempada de disfrute).

Opciones disponibles:

Autobus españa 3144

Viaxe en autocar vacacións nas Rías Baixas

  • Lugares de saída:

  • A CORUÑA: Cuatro Caminos. Parada de bus "La Favorita".

  • FERROL: Praza de Galicia. Parada de Bus fronte ao Teatro Jofre.

  • SANTIAGO: Praza do Doutor Puente Castro.

  • LUGO: Rúa Dinan, ao carón da Estación de Autobuses.

  • OURENSE: Fronte á Estación de Ferrocarril.

Selecciona las fechas para poder mostrar las opciones adecuadas.
¿Quieres recibir un presupuesto a medida?

Acerca del destino

galicia 530

Galicia

Descubre una comunidad con impresionantes paisajes naturales, ancestrales centros históricos y una de las mejores gastronomías de toda España. Galicia reúne todo lo necesario para disfrutar de sus bellos parajes.

Ver más productos en este destino