Desde 220 € por persona
Desde
220€ / por persona

Elixe Galicia, programa da Xunta de Galicia - Balneario nas Rías Baixas


La oferta incluye:

Programa subvencionado pola Xunta de Galicia, destinado a maiores de 55 anos, mozas/os menores de 30 anos ou familias con fillos menores de idade.

Transporte en autocar dende Santiago de Compostela, Ferrol, Coruña, Lugo ou Ourense (consulta outros programas dende outras cidades). Saídas en Xuño, Setembro e Outubro.

4 noites de aloxamento en réxime de pensión completa en hotel 4*.

Guía acompañante.

Acceso ao circuíto termal, segundo itinerario.

1 tratamento termal.

Xantar en restaurante.

Cata en adega das Rías Baixas.

Itinerario:

DÍA 1. CIDADE ORIXE - RÍAS BAIXAS

Saída á hora indicada dirección ás Rías Baixas. Breves paradas en ruta. Chegada ao hotel para o xantar. Pola tarde gozaremos dun circuíto termal. Cea e aloxamento.

DÍA 2. CAMBADOS - CIRCUÍTO TERMAL

Almorzo. Pola mañá coñeceremos a localidade de Cambados, Cidade Europea do Viño en 2017, onde percorreremos as súas rúas, consideradas un auténtico museo ao aire libre ao ser un dos conxuntos históricos mellor conservados de Galicia. Destacan a Praza de Fefiñáns, e as ruínas de Santa Mariña Dozo e o Muíño de Mareas da Seca. Finalizaremos a mañá coñecendo unha adega, con degustación. Xantar no hotel. Pola tarde gozaremos dun circuíto termal. Cea e aloxamento.

DÍA 3. TUI - SANTA TREGA - BAIONA

Almorzo. Pola mañá coñeceremos o conxunto monumental de Tui, unha das vilas máis antigas de Galicia, con estrutura medieval e rúas estreitas, declarada conxunto histórico e artístico e sede episcopal. Aquí visitaremos a catedral, unha auténtica xoia arquitectónica. Xantar en restaurante. Pola tarde coñeceremos o castro de Santa Trega, poboado amurallado que conta cun importante xacemento arqueolóxico, onde gozaremos das impresionantes vistas da desembocadura do río Miño facendo fronteira con Portugal. Finalizaremos o día en Baiona, onde se atopa a fortaleza de Monterreal e o seu bonito centro histórico. Cea e aloxamento.

DÍA 4. O GROVE - A TOXA - CIRCUÍTO TERMAL

Almorzo. Pola mañá faremos visita do Grove e da Toxa. O Grove é coñecido como “a capital do marisco” e A Toxa é famosa polos produtos cosméticos, elaborados cos sales das súas augas termais. Destaca a capela das Cunchas. No Grove realizaremos unha panorámica de toda a península con subida ao miradoiro da Siradella. Xantar no hotel. Pola tarde gozaremos dun circuíto termal. Cea e aloxamento.

DÍA 5. CIRCUÍTO TERMAL - CIDADE DE ORIXE

Almorzo. Pola mañá gozaremos dun circuíto termal. Xantar no Hotel. Saída cara á cidade de orixe, chegada e fin dos nosos servizos.


Cancelación. A cancelación ou modificación das reservas non terán gastos de xestión ata 11 días antes da saída da viaxe. A partir dese momento a penalización a aplicar será a seguinte:

10 días antes da saída: 5% do importe total da viaxe. 2 días antes da saída: 10% do importe total da viaxe. 1 día antes da saída: 25% do importe total da viaxe. A non presentación na saída (no show) xenera un 100% de gastos. (Os importes aplican ó PVP total da praza correspondente a tempada de disfrute).

Opciones disponibles:

autobus 3146

Viaxe en autocar balneario nas Rías Baixas

  • Lugares de saída:

  • A CORUÑA: Cuatro Caminos. Parada de bus "La Favorita".

  • FERROL: Praza de Galicia. Parada de Bus fronte ao Teatro Jofre.

  • SANTIAGO: Praza do Doutor Puente Castro.

  • LUGO: Rúa Dinan, ao carón da Estación de Autobuses.

  • OURENSE: Fronte á Estación de Ferrocarril.

Selecciona las fechas para poder mostrar las opciones adecuadas.
¿Quieres recibir un presupuesto a medida?

Acerca del destino

galicia 530

Galicia

Descubre una comunidad con impresionantes paisajes naturales, ancestrales centros históricos y una de las mejores gastronomías de toda España. Galicia reúne todo lo necesario para disfrutar de sus bellos parajes.

Ver más productos en este destino