Desde 220 € por persona
Desde
220€ / por persona

Elixe Galicia, programa da Xunta de Galicia - Balneario na Mariña Lucense.


La oferta incluye:

Programa subvencionado pola Xunta de Galicia, destinado a maiores de 55 anos, mozas/os menores de 30 anos ou familias con fillos menores de idade.

Transporte en autocar dende Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo (consulta outros programas dende outras cidades). Saídas en Xuño, Setembro e Outubro.

4 noites de aloxamento en réxime de pensión completa en hotel 4*.

Guía acompañante.

Acceso ao balneario, segundo itinerario.

Acceso ao circuíto termal, segundo itinerario.

1 tratamento termal.

Xantar en restaurante.

Visitas: Centro Interpretación da Muralla, Museo Provincial de Lugo, Fábrica de Sargadelos, Praia das Catedrais (monumento natural), Museo Provincial do Mar de San Cribao, Museo Catedralicio de Mondoñedo.

Itinerario:

DÍA 1. CIDADE ORIXE - CIRCUÍTO TERMAL

Saída á hora indicada dirección a Mariña Lucense. Breves paradas en ruta. Chegada ao hotel para o xantar. Durante a tarde realizaremos un circuíto termal. Cea e aloxamento.

DÍA 2. BURELA - SAN CIBRAO - CIRCUITO TERMAL

Almorzo. Pola mañá iremos bordeando a mariña lucense con poboacións como Burela. Visitaremos a fábrica de Sargadelos, histórica fundición militar e actual fábrica de cerámica de luxo, moi representativa de Galicia. Próximo, atópase o paseo dosnamorados, que coñeceremos porque na súa contorna está a antiga fábrica de Sargadelos. Continuaremos cara á próxima localidade pesqueira de San Cibrao, onde destacan as súas antigas cetarias e o faro de Punta Atalaia. Xantar no hotel. Durante a tarde realizaremos un circuíto termal. Cea e aloxamento

DÍA 3. RIBADEO - PRAIA DAS CATEDRAIS - MONDOÑEDO

Almorzo. Pola mañá sairemos cara a Ribadeo para coñecer a localidade e a súa famosa praia das Catedrais. En Ribadeo destacan varios edificios modernistas e pazos, como o de Ibáñez, o miradoiro da Atalaia e o Cargadoiro, antiga estrutura metálica de uso industrial, que hoxe conforma un excepcional miradoiro sobre a ría. Continuaremos cunha visita á praia das Catedrais (monumento natural), na que destacan as súas impresionantes formacións rochosas. Xantar en restaurante. Pola tarde, achegarémonos a Mondoñedo. A súa zona vella foi declarada ben de interese cultural. Nela atopamos o seu edificio máis significativo, a catedral, coñecida como a “axeonllada”, onde coñeceremos o Museo Catedralicio. Ademais de percorrer os seu centro histórico, achegarémonos ao barrio dos Muíños. Cea e aloxamento.

DÍA 4. LUGO - CIRCUÍTO TERMAL

Almorzo. Pola mañá visitaremos Lugo, nacido do campamento romano Lucus Augusti, cuxas murallas romanas foron declaradas patrimonio da humanidade. Coñeceremos o Centro de Interpretación da Muralla. Tamén destacan a catedral de Santa María, o palacio de San Marcos e o convento de San Francisco, sede do Museo Provincial. Xantar no hotel. Durante a tarde realizaremos un circuíto termal. Cea e aloxamento.

DÍA 5. CIRCUÍTO TERMAL - CIDADE DE ORIXE

Almorzo e último día para gozar do circuíto termal. Xantar no hotel. Saída cara á cidade de orixe, chegada e fin dos nosos servizos.

Opciones disponibles:

viajes-en-autocar 3427

Viaxe en autocar balneario na Mariña Lucense

  • Lugares de saída:

  • SANTIAGO: Praza do Doutor Puente Castro.

  • PONTEVEDRA: Rúa San Roque, fronte á Praza de Touros.

  • VIGO: Estación de Ferrocarril - Areal.

Selecciona las fechas para poder mostrar las opciones adecuadas.
¿Quieres recibir un presupuesto a medida?

Acerca del destino

galicia 530

Galicia

Descubre una comunidad con impresionantes paisajes naturales, ancestrales centros históricos y una de las mejores gastronomías de toda España. Galicia reúne todo lo necesario para disfrutar de sus bellos parajes.

Ver más productos en este destino